top of page

Catro persoas trasladadas tras declararse un incendio nunha vivenda en Ferrol

Ecos da Comarca/Xeral

Catro persoas resultaron feridas e tiveron que ser trasladadas ao Hospital Arquitecto Macide tras declararse un incendio nunha vivenda situada na rúa de Cuntis, en Ferrol.


O 112 Galicia tivo constancia do suceso ás 05:15 horas, a través dun aviso dos Bombeiros de Ferrol, que se mobilizaban despois de que un particular alertase dun incendio nun piso, indicando nun primeiro momento que non había persoas no interior.

Con todo, minutos máis tarde, os propios bombeiros comunicaron que podería haber xente dentro da vivenda, polo que desde a sala de operacións do 112 Galicia se informou tamén ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, ademais de dar aviso á Policía Nacional e Local.

 Publicidade

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

Unha vez no lugar, os equipos de emerxencia tiveron que evacuar o edificio e afrontar unhas tarefas de extinción que se viron dificultadas pola gran acumulación de material e enseres no interior da vivenda, que foi o que resultou afectado polo lume.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar con nós!
Preme na imaxe para contactar con nós!

Finalmente, o persoal sanitario trasladou a catro persoas feridas ao hospital.

 
 
 

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page