Catro persoas trasladadas ao hospital tras un accidente en Monterroso
- ecosdacomarca

- hace 11 minutos
- 1 min de lectura
Ecos da Comarca/Monterroso
Este mércores produciuse un accidente de tráfico no municipio de Monterroso. No mesmo víronse implicados dous coches e saldouse con varios feridos. O 112 Galicia foi alertado ás 16:50 horas.

Tal e como informa o 112 e o GES de Monterroso, o suceso ocorreu na estrada LU 3301 á altura do quilómetro 1,5 en Esporiz.
PUBLICIDADE
Tratouse dunha colisión entre dous coches e catro persoas tiveron que ser trasladadas ao Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) de Lugo.
PUBLICIDADE
Ata o lugar desprazáronse Urxencias Sanitarias, o GES de Monterroso e a Garda Civil de Tráfico.








Comentarios