A persoa que viaxaba no asento do copiloto foi trasladada ao un centro hospitalario mentres os demais saíron ilesos
Ecos da Comarca/Vila de Cruces
Na madrugada deste domingo produciuse unha saída de vía na PO-206 (a estrada que une Lalín con Vila de Cruces) a uns cen metros do polígono de Vila de Cruces. No vehículo, que deu varias voltas de campá, viaxaban catro mozos e só un deles tivo que ser trasladado.
O 112 Galicia foi alertado ás 3:50 horas por un particular que indicaba que podía haber feridas unha ou dúas persoas. Tamén apuntaba que non estaban atrapadas, pero si que necesitaban asistencia médica. O 112 pasou aviso a Emerxencias Sanitarias, a Garda Civil de Tráfico, aos bombeiros de Deza, aos GES de Lalín, a Policía Local e a Protección Civil de Vila de Cruces.
"Despois foi Protección Civil que nos informou que fora traslada unha persoa ao hospital e que no vehículo ían catro persoas", sinala o 112 Galicia. Pola súa parte, Protección Civil da localidade indicounos que tres viven en Cruces e outro na parroquia de Toiriz.
Accidente en Vila de Cruces de onte pola noite. Autor: Protección Civil de Vila de Cruces
Comentarios