top of page

Cati Somoza lémbralle ao goberno de Rodeiro "que ten sen executar plans provinciais de anos anteriores"

6 sept
2 min de lectura

A voceira do PP reclámalle ao goberno que aclare se a “vergoñenta iniciativa da reprobación” do presidente da Deputación parte “dun PSOE ausente” ou “dun UxR que pensa que o concello é seu”

Ecos da Comarca/Rodeiro

A voceira do Grupo Municipal do PP de Rodeiro, Cati Somoza, cualificou onte como “intolerable” a “actitude aemeazante e chantaxista” do goberno local cara ao presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e lembroulle que “antes de meter présa coa resolución dos investimentos na estrada de Carboentes e na rúa da Raña, o primeiro que deberían facer é executar as obras que teñen pendentes do plan +Provincia 2025 e do I Plan Extra”.

Cati Somoza, voceira do PP de Rodeiro.
Cati Somoza, voceira do PP de Rodeiro.

En primeiro lugar, Cati Somoza reclámalle ao goberno que aclare se a “vergoñenta iniciativa da reprobación” ao presidente da Deputación parte “dun PSOE ausente” ou “dun UxR que pensa que o concello é seu”. “Hai moitas formas de facer política e semella que este goberno optou pola soberbia e por comportamentos máis propios de macarras de bar que de políticos sensatos. Non se pode ir pola vida ameazando con reprobacións inxustificadas, e moito menos a un compañeiro de Corporación que foi alcalde deste concello e que ten demostrado sobradamente o seu compromiso e implicación con Rodeiro”, argumentou.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.
Preme na imaxe para obter máis información deste evento.

Ao respecto, a voceira popular destacou que "o organismo provincial ten concedido ao Concelleiro de Rodeiro desde a chegada de Luis López á presidencia no ano 2023 máis de 4,4 millóns de euros a través de diferentes plans de obras, axudas para contratación de traballadores, eventos culturais e axudas de emerxencias, entre outros destinos".

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar connosco.
Preme na imaxe para contactar connosco.

Por este motivo, esixiu a “retirada da iniciativa da reprobación” e recomendoulle ao goberno local “recuperar o camiño da cordura e do entendemento institucional”. “Rodeiro non só non vai quedar sen os investimentos que lle correspondan, senón que Luis López ten demostrado en múltiples ocasións que sempre defende os intereses do seu concello. E o que ten que facer este goberno é cumprir primeiro coas obras que ten pendentes de executar dos plans provinciais de anos anteriores”, apuntou Cati Somoza.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page