top of page

Cati Somoza cuestiona a "desidia e desatención do bipartito co colexio tras inundarse o luns"

hace 7 horas
1 min de lectura

Ecos da Comarca/Rodeiro

A voceira do Grupo Municipal do PP de Rodeiro, Cati Somoza, volveu criticar onte “a desidia e a desatención” do goberno local coas necesidades do CPI de Rodeiro tras coñecer que o pasado luns os aseos avariados provocaron unha inundación que chegou a afectar a algunhas aulas.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

“A situación é tan preocupante que houbo profesores que tiveron que dedicarse a achicar auga en vez de ensinar e dar clase”, resalta Cati Somoza, que lembra "que desde hai tres anos nin José Luis Camiñas nin Alberte Lamazares asumen a súa responsabilidade de realizar o mantemento básico do centro".

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

“Debido ás fugas de auga xa houbo problemas de filtracións nos falsos teitos, polo que non sabemos a que esperan para facer algo”, insistiu a voceira popular, antes de preguntarse se o goberno local “está a esperar a que ocurra unha desgraza para actuar”.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page