top of page

Galicia Ambiental intervén en Lalín e Silleda para evitar a dispersión de sementes de herba da Pampa

hace 7 horas
3 min de lectura

Un equipo UETI retira “as plumas” para evitar unha nova dispersión masiva de

sementes e está a localizar todos os exemplares existentes nos municipios


Laura Moure/Deza

Galicia Ambiental levou a cabo onte en Lalín e Silleda unha actuación cunha Unidade de Extracción Temperá de Invasoras (UETI) para frear a expansión da herba da Pampa (Cortaderia selloana) na comarca de Deza, unha especie exótica invasora que está avanzando no municipio. O equipo está a retirar os plumeiros, antes de que estes “maduren e empecen a liberar e dispersar sementes”. Ao mesmo tempo, estase a

xeolicalizar os exemplares existentes e así elaborar un mapa actualizado da presenza da

especie.

Toda a información recompilada será trasladada aos Concellos, co obxectivo de facilitar que, a partir de xaneiro, se poida abordar a eliminación das plantas localizadas, ben directamente polo propio Concello ou mediante actuacións de Galicia Ambiental en colaboración coa administración municipal. En Lalín son xa centos de plantas en lugares

públicos, no caso do Concello de Silleda trátase dunha acción máis reducida polo número de exemplares que hai en zonas públicas, sen embargo, son moi numerosos en

domicilios privados que usan están planta de forma ornamental e supoñen un risco de expansión claro. Nesta caso, Galicia Ambiental entrega aos propietarios un folleto informativo para informarlle dos riscos e ofrecer a súa retirada gratuíta.


A retirada dos plumeiros neste momento responde a unha actuación de prevención. Unha vez iniciada a fase de dispersión, cada exemplar pode contribuír á aparición de novas plantas en puntos próximos ou afastados, polo que impedir que as sementes

continúen propagándose é unha das primeiras medidas para conter o avance da especie

no interior de Galicia.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

A actuación da UETI ten tamén un segundo obxectivo: coñecer con precisión a situación actual da herba da Pampa nestes municipios para a súa futura retirada. Do mesmo xeito trasladarase aos Concellos de Lalín e Silleda a información obtida durante esta intervención para que poida actuar sobre os exemplares identificados e establecer unha planificación de eliminación, incluíndo as plantas que ao longo desta semana foron rozadas por maquinaria municipal, en zonas como o Lalín Arena ou no anaco da Rolda Leste, deixando parte dar plantas con plumeiro.


Galicia Ambiental considera especialmente importante esta intervención porque a

experiencia noutras zonas de Galicia demostra que actuar cando aínda existen poucos exemplares é moito máis eficaz e menos custoso que intentar controlar posteriormente

unha expansión xa consolidada. Segundo alerta a asociación, aproximadamente cinco

anos sen unha resposta suficiente poden facer que un problema inicialmente localizado pase a ser moito máis difícil de controlar, mentres que, a máis longo prazo, a eliminación

completa pode chegar a resultar practicamente inasumible.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

É precisamente o que xa se está ocorrendo en diferentes puntos da costa das Rías Baixas e da Costa Ártabra, na provincia da Coruña, onde a expansión da Cortaderia alcanzou unha dimensión que dificulta enormemente a súa erradicación completa. Galicia Ambiental advirte de que Lalín aínda está a tempo de evitar chegar a esa situación, pero considera imprescindible actuar agora e manter posteriormente un seguimento continuado. A actuación de Lalín, ao igual que é a de Silleda, aínda que con menos densidade, vólvese especialmente relevante por tratarse dunha zona de transición entre a zona costeira e o interior de Galicia.


A importancia da eliminación de pluma non só ven dada polos problemas ambientais

que produce (perda de biodiversidade), senón tamén pola afección á saúde das persoas.

Un estudo preliminar (que agora se está a ampliar) realizado polo grupo de investigadores que dirixe o Servizo de Alergoloxía do Hospital Universitario Marqués de

Valdecilla (HUMV), en Cantabria, demostrou que a herba da Pampa está a provocar que

o período de alerxias ás gramíneas se estenda da primavera (polinización das gramíneas

autóctonas) ao verán e outono (que é cando poliniza e florece a herba da Pampa).


Proxecto LIFE Coop Cortaderia

A asociación Galicia Ambiental forma parte do consorcio de institucións e organizacións que desenvolverá o programa LIFE Coop Cortaderia +, que abrangue varias rexións e

comunidades autónomas atlánticas de España, Portugal e o suroeste de Francia para o

control da especie invasora herba da Pampa. O proxecto propón avanzar no control e erradicación da Cortaderia selloana no Arco Atlántico, aproveitando o efecto de arrastre

do anterior LIFE Stop Cortaderia (2018-2022) para afondar nas leccións aprendidas, ao

mesmo tempo que se desenvolven ferramentas para mellorar a gobernanza pública e a

resposta fronte á invasión da Cortaderia.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar connosco.
Preme na imaxe para contactar connosco.

O principal obxectivo céntrase agora en mellorar a metodoloxía de control e xestión desta especie invasora dentro do territorio galego, xerando un «territorio barreira» para a protección das zonas do interior, onde se buscará a súa erradicación.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page