top of page

Case 9 de cada 10 empresas galegas con máis de 10 empregados utiliza solucións de software libre

O sector da construción lidera o uso entre as empresas grandes, cunha porcentaxe superior ao 89%


Ecos da Comarca/Xeral

ree

Cerca do 90% das empresas galegas con máis de 10 persoas empregadas utiliza aplicacións de software libre e a porcentaxe é de máis do 67% no caso das microempresas. Os datos forman parte do estudo O Software Libre nas Empresas de Galicia elaborado polo Observatorio da Sociedade da Información en Galicia (Osimga), adscrito á Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia. Os datos proceden da Enquisa sobre o uso de TIC e comercio electrónico nas empresas, que realiza o INE anualmente, que cede os datos a OSIMGA en virtude do convenio de colaboración.


Entre os programas máis utilizados destacan os navegadores de Internet (95,5%), as aplicacións ofimáticas (75,3%) e os sistemas operativos libres (51,5%).

 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

As aplicacións para a análise de Big Data con licenza libre son as que máis incrementaron o seu uso en 2024, cun aumento do 45% nas empresas con sede en Galicia de 10 ou máis empregados/as respecto a 2023. Ademais, Galicia ocupa a terceira posición estatal no uso de aplicacións libres de planificación de recursos empresariais e xestión de relacións cos clientes, cun 33,5% nas empresas de maior tamaño con sede na comunidade.


Diferenzas por Sectores e Provincias

O sector da Construción lidera o uso do software libre entre as empresas grandes, cunha implantación superior ao 89%. No caso das microempresas, é a industria a que presenta maior utilización (76,8%).

Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

Por provincias, A Coruña destaca entre as empresas grandes (88,7%), mentres que Pontevedra lidera nas microempresas (69,3%).


Máis información en www.osimga.gal.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page