top of page

Carta aberta do Partido Popular de Vila de Cruces

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Ecos da Comarca/Vila de Cruces

Deixamos por aquí unha carta enviada polo Partido Popular de Vila de Cruces.


Máis de 8.000 municipios en España e 313 municipios galegos celebrarán o próximo día 28 de maio as eleccións municipais para decidir aos seus representantes durante o próximos catro anos. Somos conscientes da importancia da política e especialmente da máis próxima á xente, a política local.

A candidatura do PP de Vila de Cruces para estes vindeiros comicios liderada por Jesús Otero.

Facer política local non é tarefa fácil pero si primordial e necesaria para defender os intereses de quen habita nese lugar fronte a estruturas que en ocasións afástanse do día a día dun pobo. Celebrar unhas eleccións supón achegar enerxías recargadas, presentar novos proxectos, renovar o entusiasmo e a confianza pero, especialmente, é escoitar a quen vaia a depositar a súa confianza pero con maior forza a quen non pretendan facelo.


Nas últimas eleccións locais do ano 2019 en Vila de Cruces tiñan dereito a voto 4.923 persoas con proxectos vitais e profesionais cada un deles seguramente distintos, pero cun lugar de convivencia común, Vila de Cruces. Un total de 1.391 persoas non exerceron o seu dereito ao voto recolleito na Constitución española, sendo deber da política escoitar activamente esa posición de desencanto e desconexión dunha parte da sociedade. O Partido Popular de Vila de Cruces obtivo case o 42% dos votos nas últimas eleccións, pero quen exerceu como alcalde unicamente obtivo o 26% dos votos.

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

Os desafíos dos próximos anos requiren unha ampla maioría para levar a cabo políticas públicas de maneira determinante e con estratéxica e planificación. O experimento de laboratorio do actual goberno danou a imaxe do noso Concello, quedando desconectado institucionalmente e cunha débil capacidade económica, resultado de actuacións partidistas, falta de experiencia e o que é máis grave en moitos casos afastadas do marco legal establecido.


Renovamos o Partido Popular de Vila de Cruces en máis do 80% co apoio dun equipo humano novo e preparados para achegar valor na sociedade cruceña, sendo fundamental a experiencia e o coñecemento do noso candidato á alcaldía.


Reciban un cordial saúdo, Candidatura do Partido Popular de Vila de Cruces


0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page