top of page

Carmen Seijas: "Agolada Sempre"

A voceira e presidenta do PP de Agolada, Carmen Seijas, escribe a seguinte carta



Carmen Seijas/Agolada

CARTA

Compartimos en ECOS DA COMARCA esta carta que nos enviou Carmen Seijas, voceira e presidenta do PP de Agolada

Carmen Seijas.
Carmen Seijas.

AGOLADA SEMPRE

"Cando aínda os meus ollos chispean de ledicia polo vivido o pasado sábado no auditorio de Agolada na homenaxe aos exconcelleiros populares de toda a democracia, quixera deixar constancia nesta carta do meu profundo agradecemento por, unha vez máis, demostrar que o Partido Popular está moi vivo e cheo de ilusión, nun concello que leva anos vivindo de sobresaltos escuros e de escándalos mais propios do que vemos día tras día nos telexornais nacionais. En Agolada non precisamos falar de Sánchez, Ábalos, Koldo ou Santos Cerdán, nós temos a corrupción gobernando da man de Luis Calvo, e non o dicimos nós, díxoo xa un xuíz alto e claro; tres anos e medio de cárcere e 13 de inhabilitación para cargo público, aí é nada.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Pero o importante pese a todo non é isto, o realmente importante e ter un acto onde puidemos recordar a moitos concelleiros populares (ollo, tamén os hai doutros partidos, non nos cabe dúbida), que dende a honestidade e dende o respecto e o cariño ao seu pobo, deron durante uns anos o mellor de si para facer cousas polo ben dos seus veciños.


Esta xornada serviu para agradecer ese traballo, pero tamén nos serviu a aqueles que agora lideramos o partido para tomar exemplo e ensino de cal é o camiño a seguir para mellorar o noso concello, e que non é outro que a loita polos nosos valores de sempre, a aposta firme polo noso pobo e, sobre todo, a capacidade de escoitar que esperan os agoladeses de nós.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Para min e para todo o PP de Agolada, seguir tendo ao lado a todos estes homes e mulleres, e seguir sentindo os azos daqueles que nos deixaron, é algo que nunca pagaremos, porque é algo que simplemente non se pode valorar. Sempre estaremos orgullosos do que o PP fixo por Agolada, cos nosos erros si, pero erros cometidos sen maldade, e sen pensar no beneficio propio.


Foi un gran día e foi un luxazo vivir as emocións de quen anos despois de ser concelleiros seguen a ser vitais para o futuro de Agolada. Como ben dixen no meu discurso neste acto

“con vós sempre, con nós sempre, Agolada Sempre”".

Carmen Seijas,

Voceira e Presidenta do PP de Agolada


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page