Carlos Baute actuará este domingo na Festa do Galo de Curral en Cruces en lugar de Bertín Osborne
- ecosdacomarca

- 28 may
- 1 min de lectura
Ecos da Comarca/Vila de Cruces
O Concello de Vila Cruces anunciou esta tarde un cambio de última hora na programación musical desta edición da Festa do Galo de Curral. Finalmente, o cantante venezolano Carlos Baute será o encargado de actuar este domingo 31 de maio na Praza do Concello de Vila de Cruces.

O concerto estaba previsto inicialmente a cargo de Bertín Osborne, quen non poderá asistir por motivos de saúde. Desde a organización trasladáronlle os seus mellores desexos para unha pronta recuperación.
PUBLICIDADE
No seu lugar, Carlos Baute súmase a unha das fins de semana máis especiais e agardadas do ano no municipio, dentro dunha cita que cada ano reúne a centos de persoas arredor da gastronomía, a música e o ambiente festivo.
PUBLICIDADE
A actuación terá lugar ás 13:15 horas na Praza do Concello e a entrada será libre.








Comentarios