top of page

Carboeiro acolle este sábado o II Open Mosca Río Deza

19 sept 2025
2 min de lectura

A presentación do certame, con máis de 30 persoas participantes, tivo lugar onte co apoio dos Concellos de Silleda e Vila de Cruces


Laura Moure/Deza

O Coto de Pesca sen morte de Carboeiro (Silleda) acolle este sábado o II OPEN MOSCA RIO DEZA, un certame organizado polo Club de Pesca Río Deza, e que contará con 32 prazas en total, dez delas reservadas para os socios da entiadade a través dun campionato social. Entre os participantes figuran persoas de distintos puntos de Galicia e Portugal, (asistirán 2 pescadores da selección lusa, entre outros) algúns deles con participacións en mundiais de pesca á mosca.


 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

A proba dispútase este sábado día 20 no coto de pesca sen morte situado no entorno do mosteiro de Carboeiro e disputarase a 4 mangas, divido en 16 tramos de pesca. Cada unha das persoas participantes pescará unha manga de 2 horas pola mañá e outras 2 pola tarde. Todas as capturas serán medidas para puntuar e devoltas ao río inmediatamente.

O certame foi presentado onte no Concello de Silleda ca presenza da alcaldesa Paula Fernández, o alcalde de Vila de Cruces, Luis Taboada, Sito Veiga, membro do clube organizador, e as concelleiras Mónica González, de Silleda, e Noemí Lois, de Vila de Cruces.


Dende os dous municipios, que colaboran co Open de Pesca ao igual que outras firmas patrocinadoras, destácase a repercursión e a posta en valor do gran patrimonio natural e histórico co que contan as dúas beiras do río Deza nesta zona.


PUBLICIDADE

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Así, todas as persoas participantes serán agasalladas con produtos da gastronomía local e os 10 primeiros clasificados terán premios en metálico e material de pesca. Dende a organización, o club Río Deza agradeceu aos dous Concellos e ás firmas patrocinadoras a boa acollida do campionato, que volta ao calendario despois do grande éxito da estrea o pasado ano.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page