Cambios nas poxas da Central Agropecuaria de Galicia de Silleda pola Semana Verde 2026
- ecosdacomarca

- 13 may
- 1 min de lectura
Ecos da Comarca/Silleda

A Central Agropecuaria de Galicia Abanca de Silleda anunciou onte modificacións no calendario das súas poxas debido á celebración da Semana Verde de Galicia 2026, que terá lugar en Silleda entre o 4 e o 7 de xuño.

Segundo a información facilitada, o mercado do martes 2 de xuño queda suspendido. Ademais, a sesión prevista para o martes 9 de xuño celebrarase unicamente para becerros de recría, cebos e pasteiros, quedando suspendida a poxa de vacas.
PUBLICIDADE
Tamén se detallan os horarios de apertura para a recepción do gando o luns 8 de xuño:
Cebos e pasteiros: no pavillón 5, a partir das 15:00 horas.
Becerros de recría: no pavillón 4, a partir das 22:00 horas.
A organización lembra que estes cambios están motivados pola celebración da Semana Verde de Galicia, un dos principais eventos do sector agrogandeiro galego
PUBLICIDADE
COTIZACIÓNS MARTES 12 MAIO 2026:








Comentarios