top of page

Camba ten aberto o prazo de inscrición para o Concilia Rodeiro Entroido

Está dirixido á rapazada e mocidade con idades comprendidas entre os 3 e os 16 anos con prioridade para empadroados/as neste concello


Ecos da Comarca/Rodeiro

O Concello de Rodeiro pon en marcha o Concilia Rodeiro Entroido, un programa dirixido á rapazada e mocidade con idades comprendidas entre os 3 e os 16 anos con prioridade para empadroados/as neste concello. Será un tempo de entretemento e lecer para pasar as mañás das vacacións escolares do entroido.

O seu principal obxectivo, tal e como indican dende o Concello, é ofertar un recurso de conciliación durante todo o período non lectivo de vacacións de entroido para unidades familiares con menores de entre 3 e 16 anos. Desta forma foméntase a corresponsabilidade entre homes e mulleres por medio de facilitar a unhas e outros a conciliación dos seus tempos persoais, familiares e laborais, ademais de proporcionar nos tempos de vacacións dos menores unha oferta de actividades lúdicas pero tamén educativas e inclusivas.

 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

As actividades serán os días 16, 17 e 18 de febreiro de 2026 en horario de 9 a 14 horas na aula do antiguo edificio da sindical onde se desenvolve habitualmente o Concilia.


Está aberto o prazo de inscrición ata o 13 deste mes, incluído. Rematado este prazo, de quedar prazas libres, poderanse seguir inscribindo menores ata completar as 20 prazas ofertadas, aínda que non estean empadroados/as.

 Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

Fai unha doazón para axudar ao xornalistmo independente. Gracias!
Fai unha doazón para axudar ao xornalistmo independente. Gracias!

As actividades cobraranse en base á Ordenanza de servizos e actividades educativas por horas totais de asistencia programadas que se indicarán na folla de inscripción, podendo anotarse por días concretos.


Aqueles menores que xa participaron no programa Concilia só terán que presentar a solicitude debidamente cumplimentada e a documentación complementaria que non conste no seu expediente e que así se lle requira.

Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

Para recibir máis información das condicións do servizo e realizar a solicitude deberase contactar co servizo de educación familiar a través do teléfono: 986790185 ou do correo electrónico: educadora@rodeiro.gal 




Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page