top of page

Camba celebrará o 27 de decembro a II Gala do Deporte de Rodeiro

Tamén se disputará o trofeo Paco Proas con carácter solidario entre os equipos Veteráns Pref. Faro e Cogal Rodeiro CF


Laura Moure/Rodeiro

O Concello de Camba celebrará o vindeiro sábado 27 de decembro áss 20 horas a II Gala do Deporte de Rodeiro no pavillón municipal. A Concellería de Deportes impulsa esta iniciativa coa finalidade de recoñecer e promover a actividade deportiva e os valores que este transmite: esforzo, superación, constancia, igualdade, respecto, deportividade, solidariedade e compañeirismo, éxito persoal e colectivo, entre moitos outros.


"Polo que temos previsto premiar anualmente a aqueles deportistas, particulares, entidades, clubs, etc. do municipio e vinculados a el, que destacaron de forma especial ao longo da última tempada", sinalan dende esta concellería.

ree

Así salienta que o principal obxectivo deste acto "é recoñecer publicamente o esforzo, a dedicación e a entrega e, en definitiva, os valores que o deporte comporta, así como servir de espello para animar aos máis pequenos e á poboación en xeral coa practica do deporte".


As categorías dos recoñecementos serán as que se detallan a continuación:

- Mérito deportivo:

 Por cada equipo ou club federado local recoñecerase a un deportista de Rodeiro ou que formen parte da actividade deportiva ofertada por algún club ou asociación local que destaque pola súa destreza deportiva.


-Valores Deportivos:

Por cada equipo ou club federado local recoñecerase a un deportista de Rodeiro ou que formen parte da actividade deportiva ofertada por algún club ou asociación local que, no desempeño da actividade deportiva mostraran unha actitude positiva respecto aos demais e o entorno. Destacando o compromiso, o respecto, a bondade, a tolerancia e a amizade.

 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

- Histórico:

Recoñecer a persoas que coa súa labor e entrega contribuíron coa promoción da practica deportiva.


-  Apoio ao Deporte:

Premiar a persoas, empresas, entidades deportivas ou de outro tipo que colaboren e axuden cos seus medios humanos, materiais ou económicos na promoción do deporte en toda a súa extensión. Durante o transcurso da Gala haberá demostracións de algunha actividade deportiva como pode ser a de Zumba

Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

Trofeo Paco Proas solidario

Este ano, ademais, repetirán a celebración do trofeo Paco Proas con carácter solidario entre os equipos Veteráns Pref. Faro e Cogal Rodeiro CF. Será as 18 horas no campo da Raña. "Ao longo das dúas actividades teremos recollida de agasallos usados en perfecto estado e de alimentos para botar unha man as familias que peor estean a pasar", sinala o tenente de alcalde e concelleiro de Deportes, Alberte Lamazares.




Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page