Camba aproba o proxecto de mellora da estrada entre As Devesas e Carboentes por máis de 507.000 euros
- ecosdacomarca

- hace 3 horas
- 2 Min. de lectura
O ente local solicita o finazamento que lle corresponde o Concello dentro do Plan Máis Provincia da Deputación de Pontevedra
Ecos da Comarca/Rodeiro
O Concello de Rodeiro aprobou este luns o proxecto de mellora da estrada que une os lugares das Devesas e Carboentes, unha vía de gran importancia para a mobilidade diaria dos veciños das parroquias de Carboentes e Arnego, tal e como sinala o alcalde, José Luis Camiñas.

Este proxecto fora xa anunciado o pasado mes de decembro, nunha xuntanza mantida coas veciñas e veciños de ambas parroquias, na que o goberno municipal adiantara unha previsión de investimento que finalmente se concreta en 507.404 euros. Isto supón un investimento aproximado de 140.000 euros por quilómetro, o que dá mostra da envergadura da actuación prevista.
PUBLICIDADE

Desde o Concello destacan que se trata dunha intervención prioritaria, especialmente necesaria para a zona sur do municipio, “unha das áreas máis esquecidas durante anos polo anterior goberno do Partido Popular”. Neste sentido, subliñan que este investimento se financia a través do Plan Máis Provincia que lle corresponde ao Concello de Rodeiro, reafirmando o compromiso do actual executivo coa mellora das infraestruturas municipais e o reequilibrio territorial.
O goberno local tamén quixo deixar claro que, aínda que considera esta actuación imprescindible, non se trata do proxecto ideal que defenderon desde o inicio. A" proposta municipal pasaba pola transferencia da titularidade desta vía á Deputación Provincial, dada a súa relevancia estratéxica, tanto polo elevado tránsito como pola actividade económica da zona, especialmente vinculada á gandería, así como pola densidade de poboación das parroquias afectadas".
Publicidade
Porén, puntualiza o rexedor, "esta proposta foi rexeitada polo Partido Popular de Rodeiro e polo presidente da Deputación, Luís López, o que obrigou ao Concello a asumir directamente esta actuación. A pesar diso, o Concello de Rodeiro reafirma o seu compromiso cos veciños e veciñas de Carboentes e Arnego, impulsando unha obra que mellorará de maneira significativa a seguridade viaria e a calidade de vida nesta zona do municipio".







Comentarios