top of page

Camanzo mantén viva a tradición das alfombras do Corpus grazas ao traballo dun grupo de mulleres

Laura Moure/Vila de Cruces

A parroquia cruceña de Camanzo volveu vestir de beleza o atrio e o interior da igrexa coa celebración das tradicionais alfombras do Corpus, unha tradición que ano tras ano se mantén viva grazas ao compromiso e á dedicación dun grupo de mulleres da parroquia.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.
Preme na imaxe para obter máis información deste evento.
Algunhas das composicións de Camanzo.
Algunhas das composicións de Camanzo.

Detrás das fermosas composicións que podemos contemplar hai moitos días de traballo, preparación e ilusión. Durante xornadas previas, as veciñas encargáronse de preparar a flor, seleccionar os materiais e elaborar con mimo os diferentes tapices.

PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Un labor feito a moitas mans e con moito cariño, que vai moito máis alá da propia elaboración das alfombras. É unha maneira de conservar unha tradición que forma parte da identidade da parroquia e de transmitir ás novas xeracións o valor das celebracións e do patrimonio cultural máis próximo.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Unha tradición que se pisa durante unhas horas, pero que permanece para sempre na memoria da parroquia.

PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Sen dúbida, conservar as tradicións tamén é isto: poñer tempo, ilusión e corazón para que aquilo que recibimos dos nosos maiores poida seguir pasando de xeración en xeración.

IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page