Buscan unha moto roubada dun garaxe de Lalín
- ecosdacomarca

- hace 4 horas
- 1 min de lectura
Ecos da Comarca/Lalín
Unha moto foi roubada na madrugada do venres para o sábado na rúa das Nogueiras, na zona da Rúa da Ponte, en Lalín. O vehículo estaba nun garaxe privado. Segundo a información facilitada polo dono, o roubo produciuse arredor das 04:00 horas.
PUBLICIDADE
Segundo os testemuños recollidos, nese momento foron vistos dous varóns na zona. Un deles sería de baixa estatura e levaría gorra e sudadeira branca, mentres que o segundo, de complexión delgada, vestiría aparentemente unha sudadeira con capucha e pantalóns curtos negros.
PUBLICIDADE
A última información dispoñible sitúa a un dos individuos subindo coa motocicleta pola rúa que ascende na zona de Mobles Lalín.
O propietario solicita a colaboración da cidadanía para tratar de localizar a moto ou obter calquera información que poida axudar a esclarecer o sucedido. Calquera persoa que vise algún movemento sospeitoso naquela madrugada, teña información sobre os posibles autores ou localice unha motocicleta que poida coincidir coa roubada pode poñerse en contacto a través do número 639 40 01 07.

PUBLICIDADE
Agradece de antemán calquera axuda e piden compartir a publicación para facilitar a localización da motocicleta e dos responsables do roubo









Comentarios