top of page

Buscan a unha muller de 58 anos do Corpiño (Lalín) que falta dende onte, 14 de decembro, pola tarde

Ecos da Comarca/Lalín

Dende onte, 14 de decembro 2025, está activo un dispositivo de busca no concello de Lalín porque falta unha veciña do Corpiño, na parroquia de Santa Baia de Losón.

O  lugar da busca no Corpiño onte pola noite. Autor: Ecos da Comarca.
O lugar da busca no Corpiño onte pola noite. Autor: Ecos da Comarca.

Vitoira de 58 anos padece alzhéimer e foi vista por última vez onte sobre as 18 horas preto da súa casa. Pouco despois o seu home contactou con ela por teléfono e indicoulle que estaba perdida no medio dos toxos.

 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Inmediatamente, familiares e veciños puxéronse a buscala e despois activouse un dispositivo no que participan Emerxencias Lalín, a Garda Civil, membros do goberno local de Lalín, familiares e veciños e a escaos minutos da medianoite tamén chegaron ao lugar os cans especialistas na busca de persoas da ONG IAE


Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

Por desgraza, o resultado da busca pola noite foi infructuosa, e polo momento, ás 9 horas deste luns, 15 de decembro, aínda non puideron localizala, segundo fontes próximas.




Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page