Buscan a un veciño de Mesía que está desaparecido
- ecosdacomarca

- hace 4 horas
- 1 min de lectura
Ecos da Comarca/Xeral
O Concello de Mesía (A Coruña) emitiu hoxe, 1 de xullo 2026, un comunicado a través do que pide a colaboración cidadá porque un veciño deste municipio, da parroquia de Castro, está en paradoiro descoñecido. É coñecido como Suso ou Xiau.

"Calquera información, por pequena que pareza, pode ser de gran axuda para localizalo", recala o ente local. Poden contactar no seguinte teléfono 699 357 998 ou coa Garda Civil (062).
"Compartir esta publicación tamén pode axudar. Grazas pola vosa colaboración", sinala o Concello de Mesía.
PUBLICIDADE
Tal e como informa o 112 Galicia, a familia comunicou onte á noite a súa desaparición a través dunha chamada de alerta ao 112 Galicia. Preto das once da noite pasada, cando os seus parentes levaban case tres horas na súa procura, contactaron co servizo de emerxencias para pedir axuda. Ademais dunha descrición física, sinalaron que o home adoita desorientarse.
PUBLICIDADE
Deste xeito, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia trasladaron a información aos axentes da Garda Civil e aos membros do GES de Curtis. Ambos os dous equipos estiveron buscando durante a noite, aínda que con resultado negativo.
Coas primeiras horas do día, retomaron a busca e solicitaron a incorporación do equipo de drons do Grupo de Apoio Loxístico da Axencia Galega de Emerxencias.








Comentarios