Buscan a un veciño de Camanzo (Vila de Cruces) que está desaparecido dende este sábado
- ecosdacomarca

- hace 5 horas
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Vila de Cruces
Na medianoite deste domingo, o Concello de Vila de Cruces alertou da desaparición dun veciño deste municipio. Trátase de Moncho, da parroquia de Camanzo.

PUBLICIDADE
Foi visto por última vez este sábado, 18 de abril, ás 18:00 horas na estrada xeral PO-960 ao pasar á gasolinera de Camanzo, no cruce que vai cara o campo da festa das Mercedes, tal e como informa o Concello.
PUBLICIDADE
Vestía xersei azul mariño, pantalón negro e sombreiro de palla. "Solicítase a colaboración da veciñanza. Se alguén o viu ou ten calquera información, que se poña en contacto de inmediato co 112. Pregamos máxima difusión", sinala o ente local.








Comentarios