Trátase de Ramón Ángel Sampayo Montoto de 76 anos
Ecos da Comarca/Lalín
Un veciño de Anzo (Lalín) está desparecido. Trátase de Ramón Ángel Sampayo Montoto de 76 anos.

Fontes consultadas indican que no momento da súa desaparición ía vestido cun xersei gris, un vaquero, zapatos negros e un sombreiro.
Publicidade
O 112 Galicia foi alertado ás 10:20 horas deste luns. "Indicáronos que está desaparecido, pero non sabían especificiar se dende onte á noite ou dende esta madrugada", indica o 112.
Publicidade

Con estes datos deu aviso á Policía Local, á Garda Civil e a Protección Civil, ademais de informar ao GES de Lalín. "É probable que nas vindeiras horas se sumen os drons de Axega", indicou o GES ás 12:30 horas.
Comments