Buscan a un mozo no río Miño logo de caer tras envorcar o kaiac no que viaxaban dous compañeiros
- ecosdacomarca

- hace 6 días
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Xeral
Viaxaban dous mozos, un deles puido chegar a terra e pedir auxilio para o compañeiro que non se puido manter a flote.
Pasados dez minutos das catro e media desta tarde, un particular contactaba co 112 Galicia para indicar que un rapaz lle comunicara que tivera un accidente cun kaiac, no cal viaxaba co seu primo e que o perdera de vista logo de envorcar, preto do encoro dos Peares, en A Carballeira, A Cova, no concello lucense de Carballedo.

Con estes datos, desde o 112 Galicia activouse decontado un operativo no que ademais de ser informados o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia -061 participan os axentes da Garda Civil, os Bombeiros de Chantada, o GES de Ribadavia cunha embarcación e os efectivos da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Parada de Sil. Do mesmo xeito puxéronse os feitos en coñecemento dos Bombeiros de Monforte e de Ourense e dos efectivos das Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil do Saviñao e de Monforte de Lemos, que tamén se dirixen ao punto cunha embarcación. Ademais, súmase á procura un dron e cámara térmica dos Bombeiros de Ourense.
PUBLICIDADE

Segundo a información recibida pola Garda Civil, os mozos saíron co kaiac do embarcadoiro de Peares, subiron ao río e cando volvían tiveron o accidente.
Publicidade
Os Bombeiros de Chantada, alí no punto, comunican as dificultades que presenta o terreo, que é impracticable dende terra, a orografía é moi pendente e arriscada, polo que, só ven viable o uso de medios acuáticos e aéreos para a busca e rescate.







Comentarios