top of page

Buscan a Miguel Ángel Vázquez Ouro, veciño de Melide e oriúndo de Palas, que falta dende onte

Actualizado: 19 nov 2023

Tamén se está na procura do seu coche, un Golf branco con matrícula 6559 GLN


Ecos da Comarca/Melide/Palas de Rei

Protección Civil de Palas de Rei infórmanos da desaparición de Miguel Ángel Vázquez Ouro, duns 50 anos veciño de Melide e oriúndo de Palas de Rei. Saíu da súa vivenda de Melide onte, mércores 15 de novembro, a media tarde.

Miguel Ángel Vázquez Ouro

"Dixo que ía a casa de seus pais en Felpós, en Palas de Rei", indica Protección Civil desa localidade. Pero alí non chegou e dende ese momento perdéuselle a pista. Marchou no seu coche un Golf de cor branca con matrícula 6559 GLN.


Publicidade

Dende onte, ás 23 horas, xa está en marcha un operativo de búsqueda. Ata o momento (11 horas) participan Protección Civil de Palas de Rei e de Melide e a Garda Civil de Melide, Palas de Rei, Boimorto e Guntín. Xa están solicitados máis medios, tal e como nos apunta Protección Civil de Palas.


Publicidade

Prégase difusión para dar canto antes con el ou co seu coche e máis hoxe, xoves, día de caza, para que os cazadores estean atentos por se poden ver algo que leve a atopar a este veciño das comarcas.


ACTUALIZACIÓN: XA FOI ATOPADO SEN VIDA. D.E.P




0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page