Buscan a Jesús Rodríguez Domínguez, desaparecido en Laraño, Santiago de Compostela
- ecosdacomarca
- 21 sept 2024
- 1 Min. de lectura
Ten 82 anos e falta dende o xoves, 19 de setembro
Ecos da Comarca/Xeral
SOS Galicia lanzou unha alerta para buscar a Jesús Rodríguez Domínguez, desaparecido o pasado 19 de setembro en Laraño, Santiago de Compostela. Ten 82 anos.

Como indican no cartel emitido por SOS Galicia mide 1,65 metros, é de complexión delgada, ten o pelo canoso e calvicie parcial, ollos verdes e no momento da súa desaparición vestía pantalón azul e sudadeira verde.
Publicidade
Tal e como informa o 112 Galicia, a Unidade de Drons da Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA) únese á busca deste octoxenario. O 112 Galicia tivo constancia da desaparición a través da chamada dun familiar do desaparecido ás 21:45 horas o pasado xoves día 19 de setembro. Segundo a información facilitada aos xestores, o home saíra da casa pola tarde e non voltara.
Así, desde o 112 Galicia solicitouse a colaboración da Garda Civil, da Policía Nacional e Local e dos efectivos de Protección Civil, á busca tamén se sumaron a Unidade Canina do GES de Brión e os cans de rescate e salvamento de Galicia (CASAGA).
Publicidade
Deste xeito, desde esta mañá, unha dotación do Grupo de Apoio Loxístico da AXEGA especializado no manexo dos drons, colabora cos axentes das forzas na busca do octoxenario desaparecido.
Comments