Buscan a Eugenio Rielo de 89 anos desaparecido en Arnego, Vila de Cruces
Ecos da Comarca/Vila de Cruces
Eugenio Rielo de 89 anos e veciño do Pazo, na parroquia cruceña de Arnego, está desaparecido dende onte sábado, 21 de xuño.

Publicidade
Hoxe as 4:00 horas continuaban os cans e os drons buscándoo. Tal e como nos comentaron familiares a ECOS DA COMARCA, Eugenio saíu este sábado a media mañá a dar o seu paseo habitual co seu can Ron, un pastor alemán. Pero ambos non volveron á casa.
Publicidade
Prégase difusión e calquera dato poden comunicarllo á Garda Civil ou a Protección Civil de Vila de Cruces a través do teléfono 986 58 23 22.









Comentarios