Ecos da Comarca/Deza
O Gtr Galaico Trail Run participou esta fin de semana no II Xove Costa Trail de Xove (Lugo). "Os galaicos inundan Xove que presentaba un percorrido polas praias e os seu acantilados incrible cun día nublado que facilitou a práctica de esta disciplina. O Gtr amosa a sua velocidade na distancia de 15 quilómetros". Conseguiron un primeiro posto na xeral de Fátima Nogueira cun tempo de (1h 34'), Vicente Agulló Canda un segundo posto na súa categoría e o corredores Santiago Agulló (1h39'), Daniel lago ( 1h 53') e a corredora Patricia Montoto (2h 06') amosaron o seu gran ritmo nesta distancia.
Na distancia longa de 25 quilómetros con 100 positivos despuntou un gran posto de Iván Sangiao cun tempo de (2h 08') mostrando unha gran solvencia, seguido por Gustavo González que realizou un tempo de (2h 29') e moi de cerca por Juan Gómez con (2h 31') entrando Juan Jesús Varela cun tempo de (2h40'), Adrián Riádigos (2h 43'), José Porral (3h 01') e Emilio Romero con ( 3h,15), este último sendo a primeira vez que se enfronta a dita distancia.
"Na parte feminina temos que felicitar a gran carreira de fortaleza mental de Alina Cimpean xa que consigueu todo un segundo posto na xeral cun tempo de (2h 41') aínda que nos últimos tramos da carreira sufreu unha escotadura de nocello e aguantou correndo apesar da dor", apunta o equipo. Uns minutos despois entraba Belén Riádigos cun tempo de (3h 09') e Carmen López que se fai co segundo posto na sua categoría cun tempo de ( 3h 18'). "E dar a noraboa tamén a María Moreira por logar o reto logra realizar a distancia de 25 quilómetros distancia a que non e a súa habitual".
Comments