Dezanove dos seus membros disputaron varios distancias
Ecos da Comarca/Deza
O GTR Galaico Trail Run tamén tivo representación na última proba da Copa Galega de Trail en Parada de Sil, con 19 membros que disputaron varias distancias.
"Na longa distancia 33 quilómetros con 2.200 de desnivel positivo, temos que amosar o noso orgullo e gran satisfación pola nosa compañeira Tamara García que proclamouse segunda na xeral da clasificación xeral das probas da copa galega, un merecido premio xa que a súa progresión en este último ano foi de unha campiona", indica o clube,
Pola súa banda, Iván Sangiao entrou nun magnífico posto 23 con 3h 55' e tras vir de disputar as seis etapas de Sanabria que indican que xa está prácticamente recuperado. "Noraboa a Juan Varela que entrou no posto 78 da xeral con 5h 17", recalca.
E na media distancia de 17 km con 950 de desnivel positivo destacou Manuel Tato que entra en meta con 1h 36' e acadando así o terceiro posto da xeral de Parada de Sil "o cal demostra que trae unha progresión magnífica tras o último podium de Ribeira Sacra, e na parte feminina Patricia Varela marcou a diferencia entrando primeira da proba cun tempo de 1h 58'".
Juan Gómez entrou no posto 12 con 1h 50', Xurxo Ojea logrou o posto 35 en 2h 07', José Manuel Porral o 36 con 2h 07', M. C. consegue o posto 73 con 2h 23', Jesús Fernández o 74 e Óscar Mariño o 101 con 2h 39'.
Nas féminas Belén Riádigos con 2h 08' acariciou o podium "nunha disputa ata mesma liña de meta coa grandísima corredora do Tribu Trail a cal lle gañou nesta ocasión o terceiro posto". Fátima Nogueira logrou o posto 48 con 2h 09', María Moreiras o 79 con 2h 25', Patricia Montoto consegiu o 80 con 2h 26', Andrea Saavedra o posto 81 con 2h 27' tras vir de disputar a media maratón de Pontevedra a semana anterior e Margarita Banco o 94 con 2h 37' .
"Na parte máis pequena, pero non por iso menos importante, o non canteira logra o primeiro posto na proba Junior da Copa Galega Open 7km con 370 de desnivel positivo. Unha carreira que Vicente Agulló liderou de principio a fin con solvencia e carácter cuns 38'", conclúe o clube.
Comments