Boimorto, Melide, Sobrado e outros 5 concellos, piden un rescate para Losán e Aserpal
- ecosdacomarca

- hace 11 horas
- 2 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Xeral
Oito municipios, Boimorto, Melide, Sobrado, Curtis, Vilasantar, Mesía, Oza-Cesuras e Irixoa, unen forzas para esixir un plan de rescate inmediato para Losán e Aserpal.

O manifesto conxunto pon o foco en dous niveis de responsabilidade:
1. Ao Consello de Administración de Losán: Os alcaldes esixen a presentación, "á maior brevedade posible", dun plan de reactivación industrial que vaia máis alá de parches temporais. Subliñan que o problema da empresa é de xestión e tesourería, non de falta de mercado, xa que a madeira é un sector con alta demanda e futuro
2. Ao Goberno Central e coa colaboración da Xunta de Galicia: O bloque de alcaldes insta a SEPI e o IGAPE a intervir de xeito coordinado. Reclaman que se utilicen os mecanismos de apoio a empresas estratéxicas para garantir o circulante necesario que permita volver producir ao 100%.
Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

"Salvar as fabricas do grupo Losán é salvar o noso rural"
Os alcaldes destes municipios fan un fronte común, e destacan que "por cada emprego directo en Losán, hai catro familias na nosa comarca que dependen indirectamente do transporte ou do monte. Non imos quedar de brazos cruzados mentres o noso motor económico se detén por unha xestión financeira inviable".
Publicidade
Os rexedores coincidiron en que a unidade de acción é "total e absoluta", independentemente das cores políticas e das bandeiras, xa que o benestar de centos de veciños de toda a área de influencia está en xogo.
Publicidade
O documento asinado remiteuse de xeito inmediato o Presidente do consello de administración da empresa e aos Ministerios de Industria e Economía, á Sepi, o Igape e a Consellería de Economíaa e Industria como medida de presión para desbloquear o conflito social e laboral.








Comentarios