top of page

BNG: "Malas novas para as parcelarias: Agolada e o país enteiro terán que seguir esperando"

Ecos da Comarca/Agolada

Dende o BNG recoñecen sentirse sorprendidos despois da comparecencia da Conselleira de Medio Rural, María José Gómez, deste mesmo martes ao respecto do orzamento destinado ás concentracións parcelarias, cun total de 16,7 millóns de euros para todo o país, "cando tan só as concentracións que se reclaman en Agolada supoñen un total de 11 millóns". Os nacionalistas critican "as promesas baleiras da Conselleira, que fala de estar comprometida co medio rural e coas parcelarias, pero destina a esta fin unha contía mínima, que non é abonda para avanzar de xeito decidido nestes procesos de concentración. A deputada Ariadna Fernández e a portavoz do BNG de Agolada, Susana Tato, analizan negativamente os efectos destes orzamentos da Xunta a pé de rural, con “contías escasas e que continuarán enlentecendo o desenvolvemento das nosas parroquias, explotacións e proxectos”.

ree

“As concentracións de Agolada non aparecen explicitamente no proxecto de orzamentos do 2026, daquela farase o de sempre, pospoñer todo o que se poida o investimento en pequenos concellos, que coma o noso teñen un potente sector agrogandeiro que non se ve acompañado pola administración” aclara a portavoz.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Tras a visita ao Parlamento Galego dos veciños de Agolada a pasada semana, reclamando que se decreten as concentracións atrasadas durante máis de 20 anos no dito

concello, lamentan que "dende o goberno non foron capaces de adquirir a día de hoxe tal compromiso de xeito firme, respondendo en sesión plenaria con evasivas, excusas e novas promesas, sempre futuras que aos veciños e veciñas lle resultan frustrantes e sen credibilidade ningunha a xulgar polos feitos. Para a conselleira a mobilización de máis de 30 persoas para asistir á súa resposta non foi abonda para que se achegara a falar cos membros da Asociación Queremos Parcelarias, alí presentes, e dar explicacións do atraso do decreto, que actualmente podería levarse a cabo de xeito inminente ao non ter ningunha traba".


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.
Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Dende o BNG de Agolada continuarán a solicitar "a atención debida para o rural do concello, para darlle un futuro certeiro ás explotacións agrogandeiras xa situadas no territorio e para os proxectos novos que existen entre os veciños e veciñas, máis non teñen seguridade de que dende a Consellería de Medio Rural haxa vontade política e intención de ofertarlle ao noso rural un proxecto claro e firme, comprometéndose a acompañalo coas medidas precisas".

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page