BNG de Lalín: "As obras da Rolda Leste seguen sen executarse e xa houbo varios accidentes"
- ecosdacomarca

- hace 42 minutos
- 3 Min. de lectura
Mari Fernández lembra que o Bloque xa levou ao pleno dúas veces a necesidade do arranxo deste vial, pero “o PP di que si, e non fai nada”
Ecos da Comarca/Lalín
O BNG de Lalín denuncia que as prometidas e acordadas obras de arranxo na Rolda Leste “seguen sen executarse” a pesares das dúas mocións presentadas polo BNG no pleno municipal -unha en abril de 2025 e outra en febreiro deste 2026- aprobadas co voto a favor de todos os grupos. “Mentres o Concello e a Xunta pasan a pelota uns a outros en menos de 48 horas vimos de coñecer a pasada semana dous novos accidentes de tráfico na Rolda Leste, no último cunha persoa ferida e trasladada de urxencia ao hospital”, critica a responsable local, Mari Fernández Sanmartín.

O BNG leva anos advertindo do “lamentable estado” deste vial e a necesidade “urxente” de acometer obras de mellora “e garantir a seguridade do tráfico neste importante vial do noso concello”. Critica Fernández Sanmartín que “non pode ser que a nosa veciñanza xogue a vida cada día ao circular pola Rolda Leste”.
A responsable nacionalista lembra que “a cidadanía segue sufrindo as consecuencias do abandono deste vial por parte do goberno municipal”, unha vía que ademais empeora a cada paso, algo que mesmo recoñeceu o goberno local no último pleno no que o BNG levou a debate e votación unha nova moción para exixir o arranxo da Rolda, o pasado mes de febreiro.
PUBLICIDADE
Logo destes dous accidentes en menos de 48 horas na Rolda Leste, o BNG de Lalín lamenta que “este goberno municipal xa mentiu ao anunciar o 9 de abril do ano 2024 que ía acometer traballos de acondicionamento para evitar os trastornos que a día de hoxe somos conscientes que ten”. Mari Fernández Sanmartín critica o “cinismo” xa daquela do goberno do PP “pedindo desculpas á cidadanía polo estado desta estrada”.
Sinala Fernández Sanmartín que “desde aquela van aló dous anos de mea culpa, de
botarlle a culpa a outras administracións, e de non facer nada”. Desde o BNG de Lalín xa sinalamos na última moción que levamos ao pleno e que foi aprobada por unanimidade, que o plantexamento técnico do trazado evidencia o deterioro progresivo do vial, agravado polo inverno, ao punto de considerar que está afectando ás capas inferiores do firme, polo que vai rematar co colapso total do mesmo. "É unha evidencia o agretamento xeralizado da capa de rodadura, menor nunhas zonas mentras noutras aparecen moi bacheadas con afección á estabilidade e seguridade dos vehículos".
PUBLICIDADE
Diante desta situación saleinta que no BNG de Lalín “non podemos permitir que unha infraestrutura tan necesaria para Lalín se atope neste inaceptable estado sen que o goberno municipal adopte ningunha medida, agás algúns traballos de bacheo nas zonas máis destrozadas, que lonxe de mellorar o vial o que fan é empeoralo debido ao pouco que dura esta actuación por seu un parche”.
A Ronda Leste é unha arteria clave para o tráfico desta vila, aliviando a circulación no centro urbano e facilitando o acceso a distinta zonas comerciais, sanitarias, industrias ou educativas, así como a distintas estradas de competencia galega ou estatal. Por iso Fernández Sanmartín asegura que “imos seguir demandando o seu arranxo, e exixindo ao goberno do PP que cumpra co que vota nos plenos”.








Comentarios