Blanco anima ás familias afectadas polas borrascas en Galicia a solicitar as axudas do Goberno estatal
- ecosdacomarca

- hace 11 minutos
- 2 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Xeral
O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, animou hoxe ás familias que sufriron danos materiais ou persoaispolas sucesivas borrascas das últimas semanas a solicitar as axudas quecontempla o Real Decreto 307/2005. As subvencións, cuxa contía varía en función da gravidade, poden solicitarse no prazo dun mes desde o día seguinte da finalización do feito causante e serán tramitadas pola Delegación e asSubdelegacións do Goberno en Galicia.

Pedro Blanco puxo en valor o compromiso e a sensibilidade que amosa oGoberno de España con Galicia e con todas as persoas, concellos e empresas que resultaron damnificados polos temporais. “Unha vez máis, mobilízase investimento real, con rapidez, para a recuperación de explotacións agrarias, de infraestruturas municipais, de pequenas empresas e de bens particulares”, remarcou.
Publicidade
Para chegar a todo o mundo con efectividade, a Delegación do Goberno en Galicia xa remitiu cartas a tódolos concellos galegos para informalos sobre a existencia das axudas económicas e o procedemento para solicitalas. Enviouse tamén o Real Decreto 307/2005, de 18 de marzo, polo que se regulan as subvenciones en atención a determinadas necesidades derivadas de situacións de emerxencia ou de natureza catastrófica.
Publicidade
O delegado lembrou que nesta ocasión a declaración de Galicia como Zona Gravemente Afectada por unha Emerxencia é excepcional porque a Xunta non elevou o nivel de alerta máis alá da preemerxencia, “pero o Goberno de España non permite que os galegos e galegas queden atrás por cuestións administrativas”, indicou.
Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

Real Decreto 307/2005
Os beneficiarios das subvencións contempladas no Real Decreto 307/2005 poden ser unidades familiares ou de convivencia económica, corporacións locais, persoas físicas ou xurídicas ou comunidades de propietarios. Toda a información sobre os requisitos, as contías e a concesión das axudas pódese consultar no sitio web da Dirección Xeral de Protección Civil e Emerxencias do Ministerio do Interior.








Comentarios