top of page

Belén do Campo e o alcalde do Pino avanzan nas vías de colaboración entre ambas administracións

Ecos da Comarca/O Pino

A delegada da Xunta, Belén do Campo, mantivo este mércores un encontro de traballo co alcalde do Pino, Manuel Taboada. A delegada e o rexedor abordaron actuacións en materia de transporte de interese para este municipio. Concretamente, o alcalde informoulle da creación dunha nova parada de autobús para dar servizo aos veciños de Santiso e Castrofeito na zona das N-634 e N-547, en ambas direccións, para substituír ás paradas anteriores eliminadas pola construción da nova autovía.

A delegada trasladoulle o compromiso de acelerar todos os trámites para a creación desta parada, xa que xa contan coa autorización do titular das dúas estradas mencionadas anteriormente. Neste senso, recalcou que a Xunta asumirá o custe da instalación desta nova parada do transporte metropolitano.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

No encontro tamén  tiveron ocasión de analizar outras necesidades deste concello e estudiaron posibles vías de cooperación conxunta de cara ao futuro.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Belén do Campo destacou a importancia de manter un diálogo continuo cos representantes das administracións locais e de coñecer de primeira man as súas necesidades para, desta forma, acertar cos proxectos que vaian en beneficio dos cidadáns.


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page