top of page

BCR Ingenieros xa prepara proxectos para as novas axudas de ata o 90 % ao sector turístico

Na convocatoria TU986B de 2024, BCR tramitou 13 expedientes, todos eles concedidos, que permitiron obter 1,93 millóns de euros en subvencións e mobilizar máis de 2,23 millóns de euros de investimento



PUBLIRREPORTAXE

BCR Ingenieros xa está a traballar na preparación de novos proxectos para a liña de axudas á eficiencia enerxética das empresas turísticas anunciadaS pola Xunta de Galicia, dotada con 9 millóns de euros para 2026 e 2027 e con subvencións que poderán alcanzar o 90 % do investimento subvencionable.


A convocatoria está aínda pendente da súa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG), pero o Consello da Xunta xa avanzou as súas principais características. Por este motivo, BCR xa está analizando varios establecementos coa finalidade de definir as actuacións e ter os expedientes avanzados antes da apertura do prazo.


O estudo conta cunha importante experiencia nesta liña. Na convocatoria de 2024 tramitou 13 expedientes, cun 100 % de concesión, que supuxeron 2.232.209 euros de investimento e 1.932.188 euros en subvencións para aloxamentos e establecementos de restauración.


Canto maior sexa o aforro, maior poderá ser a axuda

A nova convocatoria estará dirixida a pemes titulares de hoteis, pensións, albergues, vivendas e apartamentos turísticos, establecementos de turismo rural, restaurantes, cafeterías e bares.


A porcentaxe de subvención dependerá directamente do aforro enerxético acadado: será do 50 % cun aforro mínimo do 30 %, do 70 % se se alcanza o 40 % e poderá chegar ao 90 % cando se supere o 50 %. "Será especialmente importante estudar cada establecemento no seu conxunto. Canto maior sexa o aforro enerxético, maior poderá ser tamén a porcentaxe de subvención. Un proxecto máis completo pode permitir acceder a un tramo superior de axuda e reducir finalmente o investimento que debe asumir a empresa", explican desde BCR Ingenieros.


Entre as actuacións previstas están a mellora do illamento de fachadas e cubertas, substitución de carpinterías, renovación da iluminación, aerotermia, xeotermia, biomasa, solar térmica e instalacións fotovoltaicas, entre outras medidas de eficiencia enerxética e incorporación de enerxías renovables.

Especial interese nunha comarca vinculada ao Camiño de Santiago

Desde BCR consideran que esta convocatoria pode ter especial interese nunhas comarcas atravesadas por diferentes itinerarios do Camiño de Santiago e cunha importante presenza de albergues, pensións, hoteis e establecementos de restauración, moitos deles situados en edificios con capacidade para reducir significativamente o seu consumo enerxético.


BCR Ingenieros conta cun equipo multidisciplinar de arredor de 15 profesionais, entre arquitectos, arquitectos técnicos, enxeñeiros industriais, enxeñeiros da enerxía e persoal especializado na xestión de subvencións, que permite abordar desde o estudo enerxético e o proxecto técnico ata a tramitación, dirección das obras e xustificación final da axuda.


Desde o estudo recomendan aos establecementos interesados comezar a analizar os seus proxectos antes da publicación da convocatoria, para determinar previamente as actuacións necesarias e o nivel de aforro enerxético que poden alcanzar.

Información: BCR Ingenieros · 986 181 000

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page