top of page

Baleiran o Lago do Pontiñas da zona do auditorio na busca de Cleotilde Teixeira, que segue sen aparecer

Ecos da Comarca/Lalín

Hoxe, xoves, continúa en Lalín o dispositivo de busca de Cleotilde Teixeira, a veciña de 53 ano de Lalín, da Rúa Areal, que está desaparecida dende o pasado luns, 17 de novembro de 2025.

Dispositivo de busca onte pola tarde en Donramiro. Autor: Ecos da Comarca.
Dispositivo de busca onte pola tarde en Donramiro. Autor: Ecos da Comarca.

O capitán da Garda Civil de Lalín, Roberto Pampín, confirmou hoxe a primeira hora da mañá, que esta veciña foi vista por última vez o luns ás 15 horas na N-525 pola zona da parroquia de Filgueira (Lalín).


 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.
Clotilde Teixeira, desaparecida en Lalín.
Clotilde Teixeira, desaparecida en Lalín.

Voluntarios sumáronse ao dispositivo de busca hoxe pola mañá, no que traballan distintos medios, e pola tarde foron convocados de novo ás 15:30 horas para centrarse na zona de Filgueiroa (na parroquia lalinense de Donramiro).


Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

Tamén, tal e como adiantou Radio Lalín, os responsables do operativo de busca decidiron baleirar o Lago do Pontiñas da zona do auditorio.


"Lamentando non obter ningunha pista nin resultado, Protección Civil Lalín, en coordinación coas forzas de seguridade, emite unha convocatoria máis solicitando a cidadanía voluntarios/as para seguir mañá venres coa busca de Clotilde. Será ás 10:30 horas diante do Concello", sinala o Concello.


NOTICIAS RELACIONADAS:



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page