top of page
Foto del escritorecosdacomarca

Azos lamenta que "dende o Goberno do PP de Lalín queiran ensuciar, un ano máis, a loita feminista"

Ecos da Comarca/Lalín

COMUNICADO ÍNTEGRO DE AZOS FEMINISTAS DE LALÍN

Azos Feministas lamenta o acontecido durante o 8M e que dende o Goberno do PP de Lalín queiran ensuciar, un ano máis, a loita feminista. Dende o colectivo indican que había un protocolo, publicado previamente, no que se sinalaba que os compañeiros, sindicatos e partidos políticos ían no bloco 3 (último).


Á saída da manifestación viuse como tres concelleir@s do PP, dúas mulleres e un home, ían detrás da batucada (primeira fila) e fóiselles explicar que tiñan que moverse para a última zona. A súa resposta foi facer caso omiso e continuar na súa posición ata que tiveron que marchar para o acto do Concello. É dicir, seguiron na manifestación, polo que se demostra que en ningún momento se botou, é máis, o concelleiro varón continuo ata a lectura do manifesto, que escoitou de novo na primeira fila.


Dende o colectivo lamentan que Blanco fixese uso do seu poder e no acto do Concello, no cal intervía, usase a súa quenda para faltar a verdade dicindo que dúas concelleiras foron botadas, que montase un escándalo e incluso que provocase que a secretaria xeral de igualdade (a cal non estaba na protesta e non viu o acontecido) se lamentase disto, que é unha mentira. A loita feminista é de todas e para todas. Nunca se botou a ninguén das nosas manifestacións, pero esta concelleira non é a primeira vez que busca manchar os actos que convoca Azos. Este colectivo reivindica e traballa por avanzar na igualdade, e faino para todas. Todos os avances que se acaden benefician a toda a sociedade, non só a un grupo de mulleres, e non mira ideoloxías.

Dende Azos invitamos as concelleiras que se sentiron tan afectadas e que menten sen escrúpulos a que se adiquen a traballar polo feminismo todo o ano, xa que teñen uns cargos privilexiados para facelo. Se escoitaron o manifesto, agardamos que tomen nota. Esixímoslle que rectifique e pida desculpas ante a mentira vertida sobre a manifestación e

pedímoslle que se quere formar parte da loita feminista non maltrate e manche o 8M e os actos que convoca Azos, o único colectivo feminista que hai en Lalín.




0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page