Azos Feministas convoca unha manifestación en Lalín o 8 de marzo
- ecosdacomarca

- hace 2 horas
- 1 Min. de lectura
A precariedade e a explotación laboral das traballadoras do SAF será un dos temas que tratará no manifesto desta data
Ecos da Comarca/Lalín
O próximo domingo 8 de marzo, Día Internacional da Muller, dende Azos Feministas
convocan a toda a cidadanía a unirse á manifestación que sairá ás 12:00 dende o
Kilómetro 0 en Lalín.

"Contaremos, ademais, co acompañamento de Mulleres Bravas, coas que compartiremos un xantar. A precariedade e a explotación laboral das traballadoras do SAF, así como a situación desigualitaria relacionada coa escaseza de servizos, de recursos e a desprotección e desamparo das mulleres do rural son algúns dos temas nos que se
centrará o noso manifesto deste ano 2026", adianta o colectivo.
Publicidade
Baixo o lema “polos nosos corpos, pola terra e pola vida”, o próximo domingo manifestaranse "contra o medo, contra o fascismo, contra as violencias machistas e a favor do feminismo. Con esta cita queremos visibilizar que somos moitas as persoas que desexamos acadar unha igualdade real e efectiva e que loitamos por isto, pero tamén porque a palabra “feminismo” resoe alto e forte e se convirta no estandarte da maioría".
Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

A manifestación, que contará cunha batukada organizada por persoas da asociación, como cada ano, partirá do Kilómetro 0 ás 12:00, e farase un percorrido que seguirá pola rúa Joaquín Loriga para volver ao mesmo punto de partida. "Ademais, nesta ocasión contaremos con compañeiras de Mulleres Bravas, coas que compartiremos un xantar. Continuemos sementando resistencia feminista! Vémonos no 8M!".







Comentarios