top of page

Axentes Ambientais da Xunta inspeccionan unha vertedura no río Mandeo en Sobrado dos Monxes

Recolleron máis de 400 troitas mortas


Ecos da Comarca/Sobrado dos Monxes

Axentes Ambientais da Xunta de Galicia inspeccionaron en días pasados unha vertedura no río Mandeo (Sobrado dos Monxes), recollendo máis de 400 troitas mortas. O tramo afectado está incluído na Reserva da Biosfera "Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo".

ree
As troitas recollidas en Sobrado. Autor: Axentes Ambientais de Galicia

"Os nosos peixes precisan ríos con augas frescas e de calidade. Os salmónidos (troitas, salmóns e reos) requiren concentracións de osíxeno na auga superiores ós 7 mg/l. Valores deste gas disolto inferiores a 5 mg/l implican a desaparición no río de moita outra fauna", explican os axentes ambientais.


E recalcan que "as vagas de calor producen un aumento da temperatura da auga e polo tanto, unha diminución do osíxeno disolto, sometendo ós nosos salmónidos a situacións de estrés. Xa que nos resulta imposible arrefríar a auga do río, debemos manter os máximos niveis de caudal posible. Como?". Pois para iso sinalan que hai que evitar:

  • Captacións ilegais.

  • Captacións legais abusivas.

  • Plantacións forestais intensivas preto das canles fluviais.

ree
Preme na imaxe se quere contactar connosco.

"Cómpre nestas situacións evitar tamén a contaminación das augas con materia orgánica que consumirá o pouco osíxeno dispoñible. De que xeito?". Pois do seguinte, como apuntan:

  • Cunha depuración eficaz das nosas augas residuais.

  • Evitando a escorrega de xurros e lixiviados.

  • Evitando revolver lodos do fondo.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page