Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Pladur Touro.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

AVA propón para fortaleza de Amarante seguir os pasos do Castelo de Pambre: a compra pública

Ecos da Comarca/Antas de Ulla

A Alternativa Veciñal de Antas de Ulla (AVA) propoñerá no vindeiro pleno da corporación municipal a compra pública da Fortaleza de Amarante.

Seguindo os pasos do acontecido co veciño Castelo de Pambre, a agrupación de Antas de Ulla diríxese ao concello para que "abra diálogo coas outras administracións e aproveiten entre todas a oportunidade para facerse cun Ben de Interese Cultural actualmente en venta e que está totalmente acondicionado e preparado para a súa apertura ao público", segundo explica María Gontá, concelleira de AVA.

Desta forma, propón ao Pleno da Corporación Municipal de Antas de Ulla o seguinte acordo:

  1. Iniciar conversas coa propietaria da Fortaleza de Amarante para proceder á apertura de visitas no BIC ofrecéndolle o apoio do Concello.

  2. Iniciar tamén conversas coas outras administracións para analizar a posibilidade de mercar a Fortaleza de Amarante e que pase a ser de titularidade pública e auténtico símbolo monumental de Antas de Ulla.


NOTICIAS RELACIONADAS:


97 visualizaciones0 comentarios
IRS.jpg

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE