"Queremos unha fortaleza aberta á visita pública! Soamente solicitamos o cumprimento da lexislación vixente", recalca
Ecos da Comarca/Antas de Ulla
A Alternativa Veciñal de Antas de Ulla (AVA) convoca unha concentración para conseguir a apertuda da fortaleza de Amarante. Será o sábado día 25 de marzo ás 18:30 horas. "Queremos unha fortaleza aberta á visita pública! Soamente solicitamos o cumprimento da lexislación vixente", recalca a formación política. Será diante da propia fortaleza.

"Queremos aproveitar o final de lexislatura para deixar en mans da veciñanza da Ulloa e arredores proseguir coa loita para conseguir que a Fortaleza de Amarante cumpra a lexislación vixente e abra a visita pública, tal e como marca a lei, catro días ao mes. Temos como referente o veciño Castelo de Pambre e queremos seguir os seus pasos", explica o partido político.
Ademais, lembra que nos últimos dous anos "temos contacto con Patrimonio sen éxito. É certo que están en comunicación cos propietarios pero non se consegue polo momento o obxectivo. Lexislativamente, a fortaleza está declarada Ben de Interese Cultural (BIC) a todos os efectos, polo que o que se precisa é seguir facendo presión para que a Administración actúe en cumplimento da Lei de Patrimonio de Galicia", subliña.
NOTICIAS RELACIONADAS:
AVA pide a Patrimonio que a fortaleza sexa declarada un BIC: https://www.ecosdacomarca.com/post/ava-p%C3%ADdelle-a-patrimonio-a-declaraci%C3%B3n-de-bic-da-fortaleza-de-amarante-baixo-a-nova-lei
A Fortaleza ratificada como BIC: https://www.ecosdacomarca.com/post/a-fortaleza-de-amarante-en-antas-ratificada-como-ben-de-interese-cultural-tralas-solicitudes-de-ava
AVA propón que a fortaleza siga o paso dos castelo de Pambre: https://www.ecosdacomarca.com/post/ava-prop%C3%B3n-para-fortaleza-de-amarante-seguir-os-pasos-do-castelo-de-pambre-a-compra-p%C3%BAblica
Comments