Autobuses que sairán das comarcas para ir á marcha contra as celulosas deste domingo, 1 de xuño
- ecosdacomarca
- hace 4 días
- 1 Min. de lectura
É necesario reservar praza previamente
Ecos da Comarca/Xeral
A Plataforma Ulloa Viva informa que sairán autobuses de distintos sitios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa para asistir ás marchas contras as celulosas, como as de Ence e Altri. A mobilización terá lugar este domingo, 1 de xuño, con saída simultánea dende as alamedas de Pontevedra e Marín. É necesario reservar a praza no autobús.

Haberá un autobús con saída aproximada ás 9:00 horas desde Palas de Rei (concello) con paradas en Monterroso (9:10 horas bar García), Antas de Ulla (9:15 horas concello), Agolada (9:25 horas bar García) e Lalín (9:35 horas Rolda leste á altura do carrefour). Reserva 7 €/praza. Saída de volta ás 17 horas aproximadamente.
Reserva en: MD @palasviva
Ou formulario https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLScbvoS_QRVWPZpz9fZlBYDklDwuJ5Vjw1o5XL4-ZC6SCWmQ_g/viewform
Publicidade
Autobús dende Melide GRATUITO. Reserva a praza do bus en Laia Zapateiros. Saída Cantón de San Roque10:00 horas e volta ás 14:15 horas.
Autobús desde Arzúa GRATUITO: saída ás 10:15 horas dende o aparcadoiro da rúa de Lugo. Para anotarte envía un WhatsApp ao tlf. 697 681 426 ou formulario
Comments