top of page

Aupa Deza fará uso de dous despachos do centro social de Silleda

Así o establece o convenio asinado entre esta asociación e o Concello


Laura Moure/Silleda

A alcaldesa, Paula Fernández; a concelleira de Benestar e Educación, Ángela Troitiño; e María Jesús Pendio, presidenta da asociación Aupa Deza, asinaron un convenio de cesión de dous despachos ubicados no Centro Social de Silleda.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Ambas entidades levan colaborando dende a creación da entidade, en actividades como a organización de charlas sobre o autismo e TDAH. Dende o Concello téñense realizado ademais accións solidarias en beneficio desta asociación, como a entrega do premio de Ecoembes (1.500 euros) por participar na iniciativa “Únete ao reto” pola recollida e

reciclaxe de plásticos. Ademais, o recaudado coa venda dos produtos na Feira da Alegría de Nadal, organizada polo CEIP Plurilingüe de Silleda, foi destinado tamén a Aupa Deza.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Nesta reunión tamén se falou de novos proxectos para levar a cabo conxuntamente, mellorando así a vida e inserción social das persoas con neurodiversidade.



Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page