Ecos da Comarca/Xeral
Atopan falecido a un nonaxenario desaparecido desde principios de mes en Aranga. O varón que desapareceu en Aranga foi atopado por un veciño no monte, preto da súa vivenda.
O 112 Galicia tivo constancia da súa desaparición o 7 de marzo despois de que a traballadora doméstica da vivenda se decatase da súa ausencia.
Publicidade
Desde o primeiro intre, a Garda Civil de Coruña e os membros do GES de Curtis estiveron realizando labores de busca na procura do home desaparecido. Posteriormente incorporáronse ao dispositivo os técnicos do Grupo de Apoio Loxístico da Axencia Galega de Emerxencias co sistema de drons.
Publicidade
Desafortunadamente, todas as buscas foron con resultado negativo ata o día de hoxe, cando un veciño atopou o corpo sen vida do varón ao fío das 13:00 horas.
Comments