Atopan a unha persoa falecida atrapada debaixo dun tractor nunha finca de Vila de Cruces
Ecos da Comarca/Vila de Cruces
Atopan a unha persoa falecida tras quedar atrapada debaixo dun tractor dunha finca da parroquia cruceña de Gres. Os servizos sanitarios desprazados ata o lugar só puideron confirmar o falecemento do home, tal e como informa o 112 Galicia.

O 112 Galicia tivo coñecemento do sinistro con maquinaria agrícola, que ocorreu minutos antes das 18:00 horas deste xoves, cando un particular chamou para alertar dunha persoa atrapada baixo un tractor, nunha leira do lugar de Gres, en Vila de Cruces. O accidentado non respondía os intentos do alertante por contactar con el.
Entón, Urxencias Sanitarias de Galicia-061 comunicou a mobilización do helicóptero medicalizado con base en Santiago. Unha vez o seu persoal chegou ao momento, confirmou o falecemento da persoa e solicitou a colaboración dos Bombeiros para retirala de debaixo do vehículo.
Ademais dos servizos sanitarios e dos bombeiros de Silleda, tamén participaron o GES de Lalín, a Garda Civil de Pontevedra e Protección Civil de Vila de Cruces.