top of page

Asetem lanza a campaña “O amor está no comercio local” para promover as compras do 1 ao 12

Durante estes días as persoas que merquen nos establecementos de proximidade asociados poderán entrar nun sorteo de tres almorzos e dúas comidas ou ceas


Ecos da Comarca/Melide

A Asociación de Empresarios e Empresarias da Terra de Melide lanza a campaña de dinamización comercial “O amor está no comercio local” para promover as compras do 1 ao 12 de febreiro.

 Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

Durante estes días as persoas que merquen nos establecementos de proximidade asociados poderán entrar nun sorteo de tres almorzos (valorados en 20 euros) e dúas comidas ou ceas (valoradas en 100 euros) na parrillada Rúa e no Hotel Carlos 96. O funcionamento da campaña será o seguinte: as usuarias e usuarios que compren no comercio local, entre o 1 e o 12 de febreiro, e teñan un tícket igual ou superior a 10 euros poderán subilo á App de Asetem e entrar no sorteo dos almorzos e comidas.

 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Os vales de almorzo serán para gastar en: Pastelería-Cafetería Estilo, Panadería Toques e Panadería Manso. O sorteo realizarase o venres 13 de febreiro e comunicaranse as persoas gañadoras nas redes sociais da Asociación (Instagram, Facebook e X).

Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

"Este mes de febreiro atopa o amor no comercio local e apoia ás tendas da vila", sinala o colectivo.




Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page