top of page

As xornadas Camiño de inverno X anos continúan hoxe en Lalín, con dúas mesas redondas

hace 2 días
2 min de lectura

Xosé Merelles destaca o crecemento desta ruta xacobea que medra este ano o 14% e o compromiso da Xunta na súa consolidación

Laura Moure/Deza

O director de Turismo de Galicia, Xosé Manuel Merelles, participou este sábado na xornada conmemorativa do X aniversario da oficialización do Camiño de Inverno, celebrada no Centro Cultural Avenida da Rúa. No acto inaugural, Xosé Merelles puxo en valor o traballo desenvolvido ao longo destes anos polas asociacións, os concellos e os colectivos sociais para recuperar e impulsar o Camiño de Inverno, que tamén pasa pola comarca de Deza.

O director de Turismo de Galicia destacou tamén a evolución positiva desta ruta, que pasou dos 287 peregrinos rexistrados en 2016 aos 2.758 de 2025. No que vai de 2026, xa se contabilizaron 2.923 peregrinos, un 14% máis que no mesmo período do ano anterior. Ademais, salientou a crecente proxección internacional do itinerario, xa que o 39% dos peregrinos rexistrados este ano proceden doutros países.

 PUBLICIDADE

Xosé Merelles incidiu no potencial do Camiño de Inverno como ferramenta de dinamización turística, económica e social dos territorios polos que transcorre. Ademais, reafirmou o compromiso da Xunta na consolidación desta ruta, que se materializa en distintas actuacións para mellorar as infraestruturas e os servizos aos peregrinos.

De cara aos próximos anos, o director de Turismo de Galicia sinalou que o reto pasa por seguir aumentando o coñecemento e a proxección do Camiño de Inverno, mellorar os seus servizos e converter o incremento de peregrinos en novas oportunidades para os territorios polos que discorre.


Finalmente, Xosé Merelles felicitou todas as persoas e entidades que fixeron posible esta década de traballo e reiterou o apoio de Turismo de Galicia ás iniciativas destinadas a impulsar esta ruta xacobea, destacando a oportunidade que se presenta para seguir avanzando neste obxectivo coa celebración do vindeiro Xacobeo 2027.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar connosco.
Preme na imaxe para contactar connosco.

As xornadas Camiño de inverno X anos continuarán este domingo en Lalín, con dúas mesas redondas que levan por título’ Camiño, historia, relixión e viticultura’ e ‘Dez anos do Camiño de Inverno: balance, territorio e futuro’. Ao longo destes dous días, os asistentes poderán visitar distintos recursos xacobeos situados no percorrido desta ruta.

 
 
 

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page