top of page

As tormentas e a chuvia deixaron 76 incidencias rexistradas polo 112 Galicia

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Ecos da Comarca/Xeral

As tormentas e a chuvia deixaron 76 incidencias rexistradas polo 112 Galicia. Entre as 18 horas do sábado e do domingo, a meteoroloxía adversa deixou 76 incidencias relacionadas coa chuvia, 59 delas rexistradas no día de hoxe. Convén sinalar que se acaba de desactivar o aviso de nivel amarelo que permanecía vixente ata este momento.


Hoxe, os avisos máis repetidos ao 112 Galicia tiveron que ver coas vías de circulación: bolsas de auga e anegamentos (17), terra e pedras (8), árbores e pólas (5). Ademais, as precipitacións tamén provocaron anegamentos puntuais en rúas (5) e vivendas (4).

En canto ás provincias, A Coruña (43) foi a máis castigada. A continuación sitúanse Pontevedra (9), Lugo (6), e finalmente Ourense, con só unha incidencia rexistrada.

Os concellos máis afectados foron Santiago (9), Miño e Oroso, con 4 incidencias cada un, e Bergondo, As Pontes e Sanxenxo, con 3.


"Aínda que sen incidencias de consideración,debemos destacar unha chamada do persoal de ADIF, pasadas as 8:20 horas da mañá, para sinalar que non había luz nos arredores da estación de tren", sinala o 112.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

No Cope, en Carracedo (Caldas de Reis), un particular chamou ao 112 Galicia para informar de danos no tellado da súa vivenda provocados por un raio. Ocorreu ás 11 horas.

Por último, outro alertador comunicou esta mañá que saían lapas dunha nave do polígono de Espiñeira, en Boiro. Segundo comunicaron os servizos de emerxencias, o incendio, que puido estar provocado por un raio que caeu preto das instalacións, ocasionou escasos danos materiais.


0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page