top of page

As plataformas piden unha reunión coa Consellería do Mar para abordar o informe da mina de Touro

hace 6 horas
2 min de lectura

Ecos da Comarca/Touro

As tres plataformas presentaron este mércores, 23 de setembro, unha solicitude formal ante a conselleira do Mar, Marta Villaverde Acuña, para manter unha reunión «"antes posible co obxectivo de abordar o informe elaborado sobre a posible incidencia na acuicultura do Proxecto Industrial Estratéxico (PIE) Cobre San Rafael, promovido nos municipios do Pino e Touro".

Na petición, as plataformas reclaman coñecer "a orixe, tratamento, efectos e posicionamento" tanto da Consellería do Mar como da propia Xunta de Galicia respecto deste documento.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Trátase do “Informe relativo á incidencia no sector da acuicultura do Proxecto Industrial Estratéxico (PIE): Cobre San Rafael SL, O Pino-Touro”, solicitado polo Servizo de Planificación da Subdirección Xeral de Investigación e Apoio Científico Técnico ao Servizo de Innovación Tecnolóxica da Acuicultura da Consellería do Mar.


Segundo consta na documentación presentada polas plataformas, o informe foi emitido o 10 de marzo de 2025. A reunión solicitada pretende, segundo explican, "aclarar o contido e o tratamento que recibiu este informe dentro da Administración autonómica, así como coñecer cal é a posición actual da Consellería do Mar e da Xunta de Galicia respecto das posibles afeccións do proxecto ao sector da acuicultura".

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar connosco.
Preme na imaxe para contactar connosco.

As tres plataformas consideran necesario manter este encontro coa responsable autonómica para coñecer de primeira man os detalles relacionados cun documento que consideran relevante no marco da tramitación do proxecto industrial previsto na contorna de Touro e O Pino.


Resposta da Xunta

Cabe mencionar que este informe foi desvelado en rolda de prensa polas plataformas este martes, pero dende a Consellería do Mar negan que este documento teña validez. Máis información no enlace: https://www.ecosdacomarca.com/post/plataformas-aseguran-que-un-informe-da-xunta-alerta-de-riscos-irreversibles-na-arousa-pola-mina-de



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page