As piscinas municipais de Silleda pechan esta fin de semana tras recibir a milleiros de persoas no verán
- Laura Moure
- 30 ago 2024
- 1 Min. de lectura
Nesta semana tamén están a rematar os cursos de natación, nos que participaron máis de 100 usuarios
Laura Moure/Silleda
A tempada de verán nas piscinas municipais de Silleda chega ao seu remate esta fin de semana. Os recintos municipais de Silleda e da Bandeira pecharán as súas portas este domingo 1 de setembro despois de dous meses de actividade. Nesa xornada dominical, a entrada ao recinto será gratuita.

Agás na primeira quincena de xullo, na que a afluenza foi máis reducida do habitual polo mal tempo, as piscinas acolleron a milleiros de persoas durante a tempada.
Respecto aos accesos bonificados, para persoas empadroadas en Silleda –con descontos tanto a nivel individual como familiar- nesta tempada vendéronse un total de 280 bonos (incluíndo os familiares e individuais), para utilizar indistintamente nos recintos de Silleda e da Bandeira, aumentando os rexistros de anos anteriores. No tocante aos cursos de natación participaron máis de 100 persoas, entre nenos e nenas e persoas adultas, con sesións que están a rematar esta mesma semana.
Publicidade
Os recintos abriron o pasado día 1 de xullo, como vén sendo habitual nos últimos anos.
Comments