Laura Moure/Toques
O Concello de Toques informa das celebracións litúrxicas, que terán lugar no Edificio Multiusos (antiga escola de Toques), con motivo da celebración de Semana Santa. Onte xa houbo misa, por ser Domingo de Ramos, e prolongaranse ata o vindeiro domingo.
O local estará adaptado ás medidas de seguridade e saúde actuais, en canto a distancia de seguridade, desinfección, etc… E por suposto, é obrigatorio o uso da máscara.
O Xoves Santo ás 19:30 horas celebrarase a Santa Misa e bendición de pans.
E o Venres Santo, tamén ás 19:30 horas, terá lugar a celebración da Paixón do Señor (Bendición de crucifixos).
O Sábado Santo, día 3 ás 18:30 horas, celebrarase a Santa Misa da Vixilia Pascual (Bendición de auga e lume).
E o Domingo de Resurrección, día 4, ás 19:00 horas será a Solemniddade da Resurrección do Señor.
Comments