As Mañás en Nugallás xa ten aberto o prazo para anotarse no obradoio do 8 de agosto
- Laura Moure
- hace 11 minutos
- 2 min de lectura
Este ciclo de Tarabela Creativa celébrase todos os sábados de xullo e agosto no Parque Central de Galicia en Antas de Ulla
Laura Moure/Antas de Ulla
Este vindeiro sábado, 8 de agosto, celebrarase a sexta xornada do Ciclo Cultural As mañás en Nugallás, unha idea orixinal de Tarabela Creativa e que está promovida pola Deputación de Lugo. Esta iniciativa celebrouse todos os sábados de xullo e continua todos os sábados de agosto no Parque Central de Galicia, en Nugallás (Antas de Ulla). Esta iniciativa trae a Nugallás cada sábado, dende as 10 horas, ata ao mediodía, un obradoiro e un espectáculo. Xa está aberto o prazo para anotarse no obradoiro deste sábado.
PUBLICIDADE
O sábado pasado grandes e pequenos aprenderon en familia a facer instrumentos tradicionais. "O obradoiro xoguetes sonoros, de Miudiño - Xogo e cultura para naturalizar a infancia puxo mans á obra ás familias! Que se converteron en luthiers de instrumentos moi especiais: o mirlitón, a curuxa, o xistro e o reque reque", sinala a organización.

Tamén Miudiño impartirá o obradoiro do vindeiro sábado, que neste caso, leva por nome: Ei, Carballeira!
Ta e como adianta Tarabela Creativa trátase dunha "actividade para coñecer os segredos das nosas carballeiras! E descubrir que, aínda que as temos tan pretiño de nós, aínda nos resultan un misterio!".
PUBLICIDADE
No caso dos obradoiros hai prazas limitadas, polo que sempre é preciso anotarse previamente. Neste caso, a través do seguinte formulario: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSf0Qq39eizpZh15WdtMybp2Hm3d2PgqUcIcZ2SmpbhGq6r5Pw/viewform
PUBLICIDADE
E como xa sabedes, despois sempre hai un espectáculo. O sábado pasado foi a quenda de Rogelio, un pallaso en recuperación, encarnado por Dani Blanco. "Humor ácedo, maxia daquela maneira, voluntarios que non sempre saíron voluntarios, frases de autoaxuda e malabares ata con coitelos! Se Rogelio non existira, habería que inventalo!", destaca a organización.

E este 8 de agosto o espectáculo, ás 12:30 horas, será a cargo de Marta Ortiz de Charlata Cooperativa Galega de Artistas co seu proxecto Coser e cantar. "Adentrámonos nun taller de costura moi especial! Onde obxectos cotiáns como fíos, lá ou bobinas cobran vida convertidos en elementos de conto totalmente distintos! Un espectáculo imperdible para toda a familia!", sinala Tarabela.
PUBLICIDADE
Toda a programación do ciclo:







